EN TERCEIRO COMEZAMOS O PROXECTO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA CHEO DE VIDA.

Comezamos o curso 2017/18 cun proxecto elixido por todos os alumnos do centro. Partimos de que é un proxecto moi amplo, polo que o primeiro achegamento ao mesmo, foi facendo unha nube de palabras que despois plasmaron por equipos coa ferramenta TIC Tagul. Despois pensamos que é o que xa sabemos e o que queremos saber sobre a ciencia e tecnoloxía. E claro, os equipos das nosas aulas, tamén teñen nomes e logos relacionados co proxecto.