Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

A REVISTA DOS NOSOS SOÑOS

Imagen
Durante toda a semana traballamos a prensa e tódolos cursos fixeron aportacións a Revista Escolar Dos nosos Soños.   Os nen@s do cole están aprendendo unha morea de cousas de Ciencia e Tecnoloxía por iso a maioría das noticias están relacionadas coa temática do proxecto. Quedou moi chula!!! Parabéns para tódolos seus participantes.  Pincha no enlace para ver toda a revista. https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/a_revista_dos_nosos_so_os_2017_2018

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018

Imagen
O alumnado de 5º e 6º de primaria investigamos sobre as mulleres científicas da nosa historia, cada alumn@ elexiu unha e fixo unha redacción sobre a súa biografía en 3ª persoa, despois o pasou a 1ª persoa e en plástica coa teacher cada un fixo un collage co retrato da súa muller. Para rematar a tarefa coa app "Chatter pix" fixeron uns vídeos nos que cada muller científica explicaba quen era e coa app "Aurasma" déronlle vida a eses collages, con todos os collages fixeron unha exposición na entrada da biblioteca para que todo a comunidade educativa desfrutara e aprendera destre traballo.

CULTIVANDO SETAS

Imagen
Temos a sorte de contar na nosa comunidade educativa cun pai experto en micoloxía " Miguel, o papá de Alys". Así que aproveitándonos da súa boa bondade fixemos un taller de cultivo con 2º, 5º e 6º de primaria. Foi unha maña moi productiva porque aprendimos un montón de cousas sobre o mundo das setas, perforamos uns troncos para inxerir o micelio e por último co poso de café fixemos uns cultivos, convertindo un residuo nun alimento.

AS NENAS E NENOS DE 3º DE PRIMARIA DESEÑAMOS PAISAXE

Imagen
Partimos da figura de Alfred Wegener e Marie Tharp para estudar as orixes e formación da forma actual dos continentes e océanos. Estudamos a diferentes formas de representar a terra e os elementos que conforman tres tipos  de paisaxe: paisaxe de costa, de montaña e de chaira. Cada neno/a deseñou a súa paisaxe tendo en conta que houbera elementos dos tres tipos de paisaxe. Aquí tendes algúns exemplos: Ademais en equipo fixemos unas fichas de vocabulario sobre os diferentes elementos da paisaxe