Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

SEMBRAMOS LANDRAS

Imagen
Dentro das ciencias naturais traballamos o coidado e respeto pola natureza, así que despois da traxedia dos incendios do mes de outubro, pensamos como poderíamos axudar a revivir os nosos montes queimados. A idea foi plantar landras e cando os carballos medren ir a reforestar os montes. Todas as aulas participaron nesta iniciativa, agora mesmo ainda seguimos esperando a que medren.

EN TERCEIRO DE PRIMARIA DESEÑAMOS ROBOTS

Imagen
Deseñamos os nosos robots na clase de Plástica e quedaron así de ben

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imagen
 Este ano adicamos o día da ciencia en galego a Baltasar Merino, un docente, botánico e meteorólogo do século XIX, así que investigamos sobre el e despois fixemos varios experimentos relacionados. Na aula de 5º e 6º fixemos varios experimentos: