CULTIVANDO VIDA EN INFANTIL

Ao longo do segundo trimestre os peques cultivan vida no Horto do Cole.

O Primeiro que fixemos foi dar resposta a esta pregunta :
 Por que cultivar un horto na escola?
En equipos fixemos a estructura cooperativa do Folio Xiratorio , despois puxemos en común as palabras clave e comentámolas.
Neste video e nube de palabras atopamos a resposta.






Unha vez que xa tiñamos claro que sí  queríamos cultivar saímos a observar e analizar os hortos urbanos do patio, sacamos fotos para despois decidir onde facer as nosas plantacións.



O seguinte que fixemos foi preguntarnos que queremos plantar e este foi o resultado.


Xa sabemos o que queremos plantar agora temos que investigar sobre os coidados básicos das plantas e que necesitan para crecer saudablemente.

Tamén falamos sobre as distintas partes que teñen as plantas, aínda que observando diferentes imaxes aprendemos que non todas as plantas teñen as mesmas partes.



Este video explica as partes principais das plantas e as súas funcións.




PLANTACIÓN 1 : FLORES.

A principios de febreiro chegaron as clases uns paquetiños con bulbos florais:Dalias, Gladiolos e Lirios. Isto é o que fixemos:





O 20 de marzo recibimos un agasallo: Pequenas plantiñas ornamentais de tempada!!!
Xustiño canda chega a Primavera.
Con que ganas saimos ao patio para buscar sitio onde plantar , pero as plantacións fanse despaciño e seguindo os seguintes os pasos :



E coa chegada da Primavera coñecimos a un artista pintor francés moi recoñecido Claude Monet.
As clases chegaron estas imaxes e fixemos a Rutina de pensamento Vexo- Penso-Pregúntome.


Aprendimos cousas da súa vida coma que viviu en Paris ha moitos anos (14 de Novembro do 1840-5 de Decembro 1926), que foi un pintor de estilo impresionista e que os seus cadros máis famosos son "Sol Naciente " e "Campos de amapolas".
Fixemos un mapa mental de Monet .




Pintamos os nosos "Campos de Amapolas" e así decoramos o noso pasillo con ambiente floral.




PLANTACIÓN 2: FABAS EN ALGODÓN HÚMIDO NUNHA BOLSA DE PLÁSTICO.




























Con esta experiencia aprendemos que as plantas na bolsiña de plástico con auga e luz están listas para xerminar pero si lles falta algún dos ingredentes o seu desenvolvemento non é completo.
Sen auga :Non xerminan.
Sen luz: Os talos son brancos.A planta non fai a fotosinteses.

Unha vez crecidas as plantas na bolsa deben ser trasplantadsa á terra par que poidan crecer ao aire e ser alimentadas polos nutrientes da terra.

 Este video explica que é iso da fotosintese dun xeito sinxelo.



PLANATACIÓN 3:AROMÁTICAS E MEDICINAIS.

O No mes de marzo tamén chegaron as clases uns paquetiños con sementes, investigando aprendemos que eran sementes de plantas aromáticas e medicinais:manzanilla , albahaca,, tomillo,romero e orégano.


 Preparando a terra atopamos estes bechiños, foi moi divertido !! Aprendemos os seus nomes , osbsevamos os seus nomes e movementos , e xogamos con eles.




A GARABATEAR CON HERVE TULLET:

Herve Tullet é un artista francés moi divertido e con xeniais ideas para traballar con nen@s , Asique fixémoslle caso a Herve e GARABATEANDO os nen@s fixeron uns preciosos xardíns.









PLANTACIÓN 4: FRESAS, CEBOLAS E LEITUGAS.

Despois dunha asemblea falando sobre que prdutos da horta podiamos plantar nesta época para despois facer unha rica ensalada antes de ir de vacións decidimos plantar: cebolas, leitugas e fresas.








XARDINEIR@S VOLUNTARI@S  DIARIOS.

Para coidar as nosas plantacións xa estudamos o importante que é regar asique decidimos facer un cartel situado na porta do patio onde cada día (que non chova apuntaránse 2 voluntari@s xardineir@s para revisar as plantacións e observar que necesitan : auga, sombra....)








PLANTACIÓN 5: CRECEPELOS.

Trátase dunha plantación diferente e moi divertida.
 Material que necesitamos:

- Vaso de plástico(Será a csiña do "Crecepelos")
- Media- calcetín.
- Serrín
- Semente de césped.

Así é o proceso: abrimos a media calcetín e bótanse sementes , despois enchese con serrín ata que pareza unha bola e atamos a media, deixase reposando con auga na súa casiña nafiestra da clase para que teña luz  e despois duns días observamos como comeza a sair o "pelo".






BOLSIÑAS AROMÁTICAS.

recollimos Herba Luisa, Menta e Perexil , e fixemos bolsiñas coas diferentes plantas.

Pasámolo moi ben adiviñando polo olor cal era cada planta!!!



 PLANTAS E ARTE.

Descubrimos que moitos pintores famosos como Monet observaban a natureza e reprooducían nos seus cadros todo o que vían asique eso e o que fixemos . Fomos ao horto recollimos plantas e flores e ... A Pintar!!!!




BICHOS NO HORTO.

No patio e no horto existen moitos bichos fixemos unha investigación e fixemos un murais.



E investigando sobre bichos comprobamos coma hai aparellos coma lupas e microscópios que nos axudan a observarlos con máis detalle .




E chegou o GRAN DíA : O 20 de xuño "XORNADAS DE CIENCIA E TECNOLOXíA"

Os ananos de Infantil aprendimos moito de como  e por qué Cultivar no nosos horto e por iso que estabamos listos para montar o noso STAN "CULTIVANDO VIDA"

No stan diseñamos catro zonas para que toda a Comunidade Educativa gozase e aprendese coas nosas explicacións e os nosos xogos.

Así de chulo quedou o noso stan.












Ao final da mañá visitáronnosas nosas familias. 

Encantóunos a súa visita.




E por todo o traballo colaborativo feito nas Xornadas todas as clases recibimos un diploma.






Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018

MICORRIZAMOS AS RAÍCES DOS NOSOS CARBALLOS, ROBLES E CASTAÑOS