MICORRIZAMOS AS RAÍCES DOS NOSOS CARBALLOS, ROBLES E CASTAÑOS




Na clase de 5º de primaria preparamos un produto para micorrizar as raíces dás árbores que plantamos para facer que crezcan máis fortes  e que teñan máis froitos.
Micorrizar é a simbiosis entre un fungo e as raíces, neste caso, das nosas árbores. Como en moitas relacións simbióticas, ambos participantes obteñen beneficios: a árbore recibe do fungo nutrintes minerais e auga e o fungo obten da árbore hidratos de carbono e vitaminas que el por si só é incapaz de sintetizar mentras que as árbores o fan mediante a fotosíntesis e outras reaccións internas. 
Para micorrizar empregamos o "Pisolithus arhizus" antes chamado "P. Tinctorius" xa que empregábase como tinte natural nos texidos.
COMO O FIXEMOS?
1º Botamos o fungo
2º Añadimos 5 litros auga
3º Trituramos coa batidora
4º Botamos 5 gotas de fairi  (como as esporas do pisolithus flotan aos 5 litros de auga debemos añadirlle 5 gotas de fairi, desta maneira as esporas distribúense homoxenemente por todo o líquido)
5º Volvemos a batir ata formar unha pasta
E listo!!! xa temos o noso fortificante ecolóxico para  as plantas






Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018