Na clase verde… tamén facemos ciencia!



Dende que deu comezo o curso na clase verde estivemos involucrad@s no proxecto de ciencia e tecnoloxía que estamos levando a cabo no cole. Ao longo do primeiro trimestre centrámonos en facer diferentes experimentos que chamaban a nosa atención coma por exemplo: coñecemos a electricidade estática, descubrimos a forza de propulsión mediante o noso globo foguete, fixemos un xilófono caseiro con vasos de cristal e diferentes cores, creamos neve artificial, fixemos un volcán de lava… etc.
Foi a partir do segundo trimestre cando estivemos centrad@s nun novo proxecto acerca da luz, as cores e as sombras o cal aínda estamos a investigar da man do noso amigo Newton, quen nos fai chegar diferentes vídeos ao correo electrónico da profe. Para que poidades votar unha ollada aos experimentos e investigacións científicas que estivemos realizando aquí vos deixamos o seguinte vídeo que explica todo con máis detalle.




Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018

MICORRIZAMOS AS RAÍCES DOS NOSOS CARBALLOS, ROBLES E CASTAÑOS